Día 13

RETO:

No derradeiro reto musical, deberedes cantar unha canción galega (composta por vós, se o preferides) colaborando cun membro da vosa familia (o avó, a nai, a tía... ou todos xuntos!). Pero como isto non ía  ser tan doado, deberedes acompañas a canción dalgún son extra (tocar a frauta, bater na mesa... o que queirades, a cuestión é ser orixinais).



PREGUNTAS:

1º de ESO-2º de ESO:

-Fai unha listaxe de tres instrumentos non convencionais.
-Que tes pensado facer esta finde? Esforzaraste para falar en galego?
-A quen che gustaría ver (e escoitar) en directo?
-Estache gustando máis este 21 Días co Galego ca o ano pasado? Por que?

3º de ESO-4º de ESO:

-Estache parecendo máis doado este 21 Días co Galego ca o ano pasado? Por que?
-Se puideses ser un compositor/cantante (vivo ou morto), cal serías?
-Explica porque elixiches a este músico e non a outro, debes dar varios argumentos.



Ningún comentario:

Publicar un comentario

E ti que dis?