Día 2


A continuación podes ver este vídeo que nos envía Alejandra Ríos Vázquez dende Ohio, onde está cursando 1º de Bacharelato. Posteriormente debes dar resposta ás cuestións relacionadas co que ela di ao longo do vídeo. 



-Despois de ver a entrevista a Alejandra Ríos, cres que ti tamén serías capaz de marchar tan lonxe, onde non podes empregar as túas linguas maternas con regularidade?

-Sabías que o deporte do que fala Alejandra se practicaba noutros países, como Estados Unidos? Practicas ti algún deporte? Se é así, explícanos que é o que che gusta dese deporte. Se non practicas ningún deporte, fálanos do deporte que máis che guste.

-Ti tamén cres que no resto de España existen prexuízos para as comunidades que teñen unha lingua propia?  A que pode ser debido?

Ningún comentario:

Publicar un comentario

E ti que dis?