Día 4



Xa superaches a metade da primeira semana, notas algún cambio en relación ao uso do galego? Hoxe terás que facer as actividades relacionadas co vídeo que nos envía Isidoro Hornillos, unha importante personalidade no mundo do deporte español. É un ex atleta olímpico español e actual presidente da Federación Galega de Atletismo e profesor da Facultade de Ciencias do Deporte e a Educación Física da Universidade da Coruña. El vai falarnos sobre o a súa relación co galego, a pesares de non ser galego.

 

- Coñecías esta persoa? Busca información sobre a súa carreira e indica polo menos tres dos seus recoñecementos deportivos
     - Cal é a relación de Isidoro co galego? Explica brevemente a súa situación.


Hoxe poderás informarte sobre o plurilingüismo e o galego no mundo coa pílula informativa do día, na vosa clase da materia de galego falaredes sobre este tema, por iso é importante que teñades unha lixeira idea ao respecto.



Ningún comentario:

Publicar un comentario

E ti que dis?