Día 17

RETO:

Botemos a imaxinación a voar! Imaxinade que sodes directores de cine, e tedes os medios necesarios para crear e dirixir unha película. Agora, responde ás seguintes cuestións:

-        A qué xénero pertencería a túa película?

-        En qué sitios galegos a gravarías?

-        Qué tema ou temas principais escollerías?

-        Qué actores che gustaría que aparecesen?  

Para rematar, imita brevemente algunha escena orixinal que aparecería na túa produción. 

PREGUNTAS ESPECÍFICAS PARA CADA CURSO:

1º ESO - 2º ESO:

        Hoxe falaremos sobre as películas de debuxos animados.


  Cal foi a última película de debuxos animados que viches? Fai un breve inciso sobre ela.

  Lémbraste dalgunha que viras en galego? E recordas dalgunha famosa serie que nalgún momento se retransmitiu en galego? ( Os alumnos dos cursos avanzados terán máis facilidade)

  Viches a película “ O Apóstolo”? Cal é o seu director? Que repercusión tivo esta longametraxe, a cal supuxo moito traballo? No caso de non saber cal é, mira o trailer...

        O galego na casa:

  Como che foi o día? Conseguiches falar galego durante todo o día?

  Nomea algún produto típico galego que teñas na túa casa.

  Os teus avós falan galego? E os teus pais? E ti, falas galego con eles?

3º ESO - 4º ESO:

Hoxe falaremos das películas de terror.
  • ·      Cal é a túa película de terror preferida? Resume moi brevemente a trama da película.
  • ·      Considéraste dese tipo de persoas que a pesar de que lle gusta estas películas sempre acaban tendo medo?
  • ·      Sabes se existe algunha película de este tipo en galego? Se a resposta é si, di cal ou cales.
        O galego na casa:
  • ·    Como che foi o día? Conseguiches falar galego durante todo o día?
  • ·    Nomea algún produto típico galego que teñas na túa casa.
  •      Os teus avós falan galego? E os teus pais? E ti, falas galego con eles?
OS PREXUÍZOS DO GALEGO

Preguntas:
-Pensas que os prexuízos son un lastre para a evolución do Galego?

-Realiza un breve resumo sobre os séculos escuros.

-Pensas que a xente moza non apoia o Galego? Argumenta a túa resposta.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

E ti que dis?