Día 7

RETO: 
No derradeiro reto desta semana, tócavos falar de dous deportistas galegos que coñezades e admiredes, comentando os seus logros deportivos e algo sobre as súas vidas fóra do deporte. 

Deixámosvos o documental As princesas do deporte rei que recolle a situación das mulleres no fútbol galego.



-Coñeces algunha muller que practique este deporte?
-Cres que as mulleres teñen as mesmas oportunidades que os homes no mundo do deporte? Xustifica a túa resposta.

PREGUNTAS:
Parabéns, xa superaches un terzo da actividade, esperamos que sigas facendo avances en relación ao uso do galego ao longo das dúas semanas que che quedan. Aproveita para falar galego o máximo tempo posible e non só durante os 21 días senón durante todo o ano, os 365 días.
Con este día, damos por rematada a primeira semana, isto supón un cambio na temática. Deixamos os deportes e o galego na contorna para pasar á música e o galego no instituto. Esperamos que a medida que vai pasando o tempo consigades progresar no emprego da nosa lingua.
Desexámoste boa sorte para a vindeira semana!! Esperamos que supoña un gran paso nesta experiencia!
Aquí tedes algunhas cuestións para reflexionar sobre esta semana:
-¿Como foi a túa primeira semana?
-¿Notaches un cambio con respecto ao tempo que falas galego?
-¿Que é o que máis che custou nesta primeira semana? En que momentos che resultou máis difícil?
-¿Cres que a xente da Pobra do Caramiñal fala bastante galego en comparación con outras vilas e cidades?
-¿Pensas que na túa contorna, por exemplo na rúa, nos comercios, na publicidade, etc, se emprega maioritariamente o galego ou o castelán?
-Cres que seguirás avanzando nas próximas semanas?
-Despois de todas as actividades realizadas, que conclusión podes facer sobre o emprego galego no deporte, explícao brevemente e coas túas palabras.