Agradecementos

Lembrade, rematan os 21 Días co Galego 2017 pero continuamos Lendo a Agustín Fernández Paz.



“É de ben nacid@s, ser agradecid@s e nós non iamos ser menos. Queremos agradecer, en primeiro lugar, a todas as persoas que están a colaborar nesta homenaxe a Agustín Feranández Paz facendo un vídeo sobre algunha obra súa. Sodes moi xenerosas e xenerosos en empregar parte do voso prezado tempo neste labor.
Así mesmo, dar as grazas ao noso padriño deste ano, Roberto Vilar, pola súa colaboración inestimable, grazas a ti o noso alumnado desenvolveu estes 21 días co galego cuns azos inimaxinables. Tamén agradecer ás persoas que colaboraron nos distintos vídeos que fixemos este ano para os 21DCG. Así como aos distintos medios de comunicación que foron  inapreciable altofalante do noso proxecto. E sobre todo, a colaboración de todo o alumnado do noso instituto, sodes as e os mellores!!!
Ademais, queriamos agradecer a colaboración das familias, soporte fundamental do noso labor docente e deste proxecto. Así mesmo, ao Concello da Pobra do Caramiñal todo o seu apoio inestimable. Así como ao persoal no docente do centro, sempre prestos a axudar.
E como non, ao equipo directivo do noso intituto e ás nosas compañeiras e compañeiros de traballo neste camiñar cara Ítaca. Especialmente a Ana, David e Alejandro que nos axudaron para que esta edición dos 21 días co galego fora inesquecible. 
E non ser por últimas e último, menos fundamentais, maís ben, piar deste proxecto, ao Departamento de Lingua e Literatura Galega: Pilar, Uxía, Meli, María Xosé e Henrique, moitas grazas pola vosa colaboración inestimable.
Grazas tamén aos medios de comunicación (Proxecto Neo de Burela, Canal BarbanzaRadio VozLa Voz de Galicia) e blogs (Carta xeométrica, Lingua de AlcaiánLo que yo te digo...) que vos fixestes eco da nosa iniciativa.  
Moitas grazas a todas e a todos as e os que dalgún xeito colaborastes connosco, sodes un elemento fundamental deste proxecto e facedes que pouquiño a pouco o galego non esmoreza, porque como dicía Florentino Cuevillas: “Non desesperedes, os que de verdade sintades a emoción galega; seguide sempre con fe, e si se vos ocorre pensar acaso se sementades ou se só esparexedes, desbotade ese pensamento e tede por certo que calquera traballo, grande ou pequeno, duro ou livián, que emprendades en nome de Galicia, sempre será sementeira”.
E agora si, agora si que rematou por este ano. Pero ameazamos con volver o que vén... ;)

Biquiños mil a todas e a todos!!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario

E ti que dis?