Día 06 - Con alegría e bo humor / Tres pasos polo misterio

Hoxe en Lendo a Agustín Fernández Paz...
Tres pasos polo misterio grazas a  Anxo González Guerra e Vitoria Ogando Valcárcel, os autores de ogalego.eu a páxina con máis recursos da materia de galego que podes atopar na rede. Para que vos fagades unha idea, no ano 2005 houbo dous grandes fenómenos en Internet o nacemento da páxina Anxo e Vitoria e o nacemento de YouTube. Non deixedes de visitala porque ademais os exercicios veñen coas solucións!




Con alegría e bo humor!


CHISTE: substantivo, masculino. Dito ou pequena historia con graza, contada ou debuxada para causar riso.




Hoxe imos contar chistes que nos fagan sorrir ou alomenos rir un pouco, alá cadaquén. Así que imos ver cantos sabemos e cantos tamén sabe a xente.  Con esta actividade melloramos a nosa capacidade de expresión oral, e aínda por riba pasámolo moi ben.


Imos cuns chistes para sacarvos o sorriso:


Que lle di a cebola á cociñeira?
- Es tan hipócrita, que despois de cortarme, aínda por riba choras!!!

Van un alemán, un francés e un galego nun vagón...
... falando do mellor  que ten a súa terra e deciden facer un concurso, un di unha cosa da súa terra e o outro cre que na súa hai algo mellor e tenllo que pasar polo forro.
Di o alemán: na Alemaña temos o coche máis rápido do mundo, a ver quen o pasa polo forro?
Di o francés:  en Francia temos unha das torres más fermosas do mundo, a ver quen o pasa polo forro?
Di o galego, máis listo ca ninguén, pois na miña terra hai unha planta que non é moi fermosa, que non é moi alta, pero que ten unhas espiñas que te cagas pola pata e chámanlle “toxo”, a ver quen é o listo que o pasa polo forro?





- Mamá, mañá, no colexio chámanme interesado.
- Por que?
- Se me dás 10€ dígocho.

- Xefe, tenme que subir o soldo.
- Por que?
- Porque hai 3 compañías interesadas por min.
- E cales son?
- A da luz, a da auga, a do teléfono e internet.

Gustáronvos? Pois agora toca que nos mandedes os vosos propios chistes ou de alguén.
E agora algo de historia. Joselín foi un dos contacontos contemporáneos do galego. Un pioneiro en empregar a radio e discos para divulgar a súa obra. Tamén Xestal e como non Farruco.

Aquí vos deixo un conto deste último que vos fala do idioma máis universal do mundo.



Espero que vos guste, e agora tócavos a vós.

O nome do arquivo de hoxe é:

identificación_dia_06

1 comentario:

  1. Vitoria foi profesora miña e gardo moi bo recordo! Gustábanme moito as súas clases e aprendín moitísimo. Grazas!

    ResponderEliminar

E ti que dis?