Día 10 - A importancia de ensinar a lingua / O raio veloz

Hoxe en Lendo a Agustín Fernández Paz...
O raio veloz grazas ao alumnado do IES Afonso X o Sabio de Cambre.







A importancia de ensinar a lingua


Moitas veces vemos como hai xente que garda a súa lingua na casa porque lle dá vergonza ou porque debe ter medo de que lle pase frío no inverno ou calor no verán. Pero a lingua hai que ensinala e quitala a pasear, senón pódense dar situacións ben curiosas como a que vas ver nesta curtametraxe en plastilina baseada  nun relato de Castelao e que se titula Good night, mon ami.
Na taberna dun porto lonxano, no norte de Europa, atópanse dous mariñeiros: un fala francés e outro inglés. Comezan a beber xuntos ata emborrachárense baixo a atenta mirada do taberneiro.  O que non saben é que antes de tropezar, outro home lles roubou as carteiras.
De repente bótanse a cantar nunha lingua diferente á que falaban hai un pouco. 

Adiviñas cal é?

video



1. Hoxe toca reflexión.
Non perdas a luz da túa fala!!!
Xa estamos case na metade do proxecto!!
Como van as túas previsións?
Vas mellorando co paso dos días?
Sentes o apoio da comunidade educativa?

O nome do arquivo de hoxe é:
identificación_dia_10


MOITO ÁNIMO !!!
A FALAR APRÉNDESE FALANDO.
Procura que a chuvia non molle as túas iniciativas!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario

E ti que dis?