Día 11 - Facemos titoriais / No corazón do bosque

Hoxe en Lendo a Agustín Fernández Paz...
No corazón do bosque grazas a Sol Davo Fernández e Dulce Fernández Graña.




FACEMOS TITORIAIS

Coa participación masiva d@s usuari@s nas redes medrou o número de titoriais, os vídeos nos que alguén explica como se fai algo. 
Este tipo de producións, que xa se teñen convertido nunha das principais categorías de vídeos, son unha mostra máis do que se dá en denominar movemento creative commons, isto é, a creación para compartir ou a cultura de compartir.
De seguro tes utilizado algún titorial nalgunha ocasión, traémosche un titorial sobre como aprender a falar galego tirado dun texto do libro Made in Galiza de Séchu Sende e realizado por dúas alumnas do Fogar de Santa Margarida da Coruña.





Traémosvos tamén un titorial de Xacobo de Toro, o profe de ciencias, onde explica como podemos calcular a densidade de corpos regulares.




Queremos que as persoas galegofalantes poidan tamén acceder a titoriais na súa lingua e para iso necesítanse moitos máis titoriais dos que hai agora mesmo e como...
  
1. Hoxe toca reto!!!
O teu reto hoxe consistirá en facer un titorial sobre calquera cousa que saibas facer e que creas que lles pode ser de utilidade aos demais. Ofrecémosche algúns exemplos por se andas escasa de ideas :)
- Como poñer a lavadora
- Como se lle pon un efecto a unha foto
- Como se fai a mellor tortilla de patacas
- Como se crea unha táboa nun arquivo de texto
- Como se fai unha cama
- Como se pon unha mesa 
- Como se fai a raia do ollo
- Como ter éxito ligando...
Os mellores titoriais e os máis divertidos terán premio!!!

O nome do arquivo de hoxe é:
identificación_dia_11

Ningún comentario:

Publicar un comentario

E ti que dis?