Día 12 - Vivamos como galeg@s / Contos por palabras

Hoxe en Lendo a Agustín Fernández Paz...
Contos por palabras grazas a Iria, Jesús Manuel, Félix,  Diana e Meli do IES da Pobra do Caramiñal.




VIVAMOS COMO GALEG@S!!!

O emprego da nosa lingua galega na publicidade vén medrando paulatinamente. Hoxe son moitas as empresas que empregan o galego na súa publicidade: R, Adegas Martín Códax, Movistar, Gadis, etc.
Quen non viu un anuncio de Gadis en galego e non se viu identificado en moitos dos tópicos que usa da nosa terra e da nosa xente. Así o uso do galego na publicidade dá un valor engadido ao produto, identificando o produto galego con produto de calidade: “Non hai nada como o do país”.
Como podemos ler no artigo O galego na publicidade vende máis.



Como moi ben di o anuncio de Gadis de “Vivamos como galegos” do ano 2016: “fagamos un futuro diferente, un futuro á galega” e para que ese futuro sexa posible ten que ser na nosa lingua, como moi ben fai o anuncio; porque “cando traballamos xuntos, chegamos onde queiramos” e
SE CHOVE, QUE CHOVA!!!

Porque nós non deixaremos de ser RIQUIÑAS E RIQUIÑOS!!!

Pero sobre todo, “NON DEIXEMOS DE SER NUNCA COMO SOMOS... NIN DE SENTIRNOS ORGULLOSOS DE ONDE VIMOS!!!!

1. Fai ti un vídeo onde te mostres orgulloso de ser galega ou galego e de falar a nosa lingua.

2. Cres que o sentimento de orgullo galego vai unido á lingua que se utiliza?
Por que cres que hai persoas que renuncian a falar na súa lingua habitual en contextos formais (con descoñecidos, no médico, na policía...)?
Como che foi nestes dous días?


O nome dos arquivos de hoxe son:

identificación_dia_12_01 (para o vídeo de orgullo galego)
identificación_dia_12_02 (para a reflexión)

Ningún comentario:

Publicar un comentario

E ti que dis?