Día 14 - Bilingüismo / O soño do merlo branco

Hoxe en Lendo a Agustín Fernández Paz...
O soño do merlo branco grazas a Hadrián Teiga García e Guadalupe García Romero dende A Coruña.






Xa era hora... aquí está a sociolingüística!!!!
Xa vos tardaba... xa o sabemos!!!!

A Real Academia Galega define o bilingüismo como a situación do individuo que fala dúas linguas ou da comunidade, rexión ou país en que se falan dúas linguas nun nivel de igualdade.
Así mesmo, define a diglosia como a situación dun individuo ou comunidade que utiliza dúas linguas, cando unha das cales, polo xeral a lingua inicial, é considerada inferior á outra, e a lingua con máis prestixio se utiliza nas relacións sociais máis elevadas ou formalizadas.

Como ben di Tifenn Lle Cann, unha estudante bretoa de 15 anos da escola Lise Diwan de Carhair nun aceptable español "Se desde pequeno falas dous idiomas resúltache máis fácil aprender outros despois", no artigo As vantaxes do bilingüismo.

Así mesmo no artigo As vantaxes de educar os fillos en galego tes máis datos sobre este feito.


Esta semana a Mesa pola Normalización Lingüística facía públicos os resultados do informe da Liña do Galego, servizo que A Mesa pon ao servizo da cidadanía para poder recoller as queixas sobre a vulneración dos dereitos lingüísticos que fan institución, empresas, etc. no uso do galego. Podes instalar a aplicación no teu móbil “liña do galego”.

1. Cres que ten as mesmas oportunidades en Galicia unha persoa falando en galego que en castelán? Xustifica a túa resposta. Coñeces algún caso onde os dereitos lingüísticos dunha persoa fosen quebrantados? Se é así cóntanos a súa experiencia.

2. Reflexionemos sobre o xa feito
. Como foi o día de hoxe?
. Xa van aló dúas semaniñas, crías que ía ir mellor ou peor?
. Ti es bilingüe?
. Vantaxes que cres que ten ser bilingüe?
. Vivimos nunha sociedade bilingüe ou diglósica?
. Se tiveses que poñerte unha nota, cal sería?
 xustifica as túas respostas

Parabéns xa van dúas semanas falando galego sen parar!!!!


O nome dos arquivos de hoxe son:

identificación_dia_14_01 (para a actividade)
identificación_dia_14_02 (para a reflexión)

Ningún comentario:

Publicar un comentario

E ti que dis?