Día 17 - O galego no mundo laboral / A praia da esperanza

Hoxe en Lendo a Agustín Fernández Paz...
A praia da esperanza grazas a Borja Bobillo Añel e Ana Marcos Nieto.



Xa sei que sodes moi traballadoras e traballadores, así pois, a seguir dándolle á cámara...

Hoxe imos falar do emprego do galego no ámbito laboral, no traballo.
Estanse promovendo diferentes iniciativas a favor do emprego da nosa lingua galega no ámbito profesional, como a desenvolvida pola Asociación Plataforma polo Emprego que publicou un manual práctico para as persoas que veñen á nosa terra e queren traballar empregando o galego. Podedes coñecer máis iniciativas neste artigo.



Así mesmo, tamén se están a desenvolver diferentes actuacións no que se refire ao emprego da nosa lingua nas empresas galegas. Se queres podes obter máis información neste artigo.
Todas estas iniciativas e moitas máis son necesarias, xa que os números “cantan” e non son mois bos para o futuro da nosa lingua no ámbito laboral. Podes ver aquí unha táboa cos datos extraídos do IGE, sobran as palabras...



Tamén podes visionar un vídeo do IES Sánchez Cantón de Pontevedra sobre o galego no ámbito laboral, neste caso en Pontevedra.


Agora xa vos toca traballar de verdade...


1. Fai un vídeo respondendo as seguintes preguntas:
A que se dedica Óscar?
Pensas que hai moitas ou moitos profesionais coma el que falen galego sempre?
A que che gustaría dedicarte ti profesionalmente no futuro?
Cres que poderías desenvolver o teu traballo en galego? 

2. Como che foi nestes dous días? Busca os teus puntos débiles para falar galego todo o día e ponte tres obxectivos persoais para o que queda de semana.


O nome dos arquivos de hoxe son:
identificación_día_17_01 (para a actividade )
identificación_día_17_02 (para a reflexión)

Ningún comentario:

Publicar un comentario

E ti que dis?