Día 18 - Videoxogos / Raquel ten medo

Hoxe en Lendo a Agustín Fernández Paz...
Raquel ten medo grazas a Miguel Rodríguez e Margarita Saborido, a nosa directora.



Aínda seguides aí????
Espero que si, e dándolle á cámara... Estamos dentro dun “videoxogo virtual”, o videoxogo dos 21 días co galego...
A Real Academia Galega define videoxogo como xogo electrónico interactivo que se visualiza nunha pantalla e que lle permite, a un ou máis xogadores, simular distintos xogos e pasatempos. Os videoxogos forman parte das vosas vidas.
Quen de vós non xogou algunha vez a un videoxogo? E en galego, xogastes algunha vez a un videoxogo en galego.?Esta pregunta tamén a fixo o alumnado do IES Félix Muriel de Rianxo, e as súas respostas non foron moi alentadoras... Parece que as cousas van cambiando pouco a pouco, pero o certo é que aínda nos resulta difícil atopar un videoxogo en galego, unha mágoa... Falta moito por facer, pero quen sabe se entre o noso alumnado teremos unha autora ou autor de videoxogos en galego nun futuro...


Pero aínda que os exemplos de videoxogos en galego non son moi abundantes, temos algúns exemplos como o Galeoke ou apalabrados en galego: Apalabrados ou Trap-Ball.

Tamén temos empresas galegas que fan videoxogos en galego como é a empresa AxouxereGames. 
Outra fórmula de ter videoxogos en galego son os feitos por organismos oficiais como o Concello da Coruña, A viaxe de Alicia, ou Sogamaou Sogama, Compostaxe doméstica.


1. Despois de ver estes exemplos de videoxogos en galego, seguro que ti podes facer un vídeo onde nos contes o videoxogo que farías ti na nosa lingua, quen sabe, ao mellor en non moito tempo pode converterse en real...

O nome do arquivo de hoxe é:

identificación_día_18

Ningún comentario:

Publicar un comentario

E ti que dis?