Día 19 - Sociolingüística, enquisas / A fuxida do mar

Hoxe en Lendo a Agustín Fernández Paz...
A fuxida do mar grazas a Xosé Fernandez Maneiro e Andrés Esteban Morata, dous profes do noso instituto.




Sociolingüística

A sociolingüística é unha rama da socioloxía e da lingüística que estuda a relación entre a lingua e a sociedade.
Foi  arredor  do 1950 cando se comezou a investigación dun xeito máis serio e profundo.
Aos estudos sociolingüísticos (que tanto progreso experimentaron en Galicia nas últimas décadas) debemos, entre outras cousas, unha mellora significativa no coñecemento da realidade idiomática do país.
O obxectivo  é obter información actualizada e precisa sobre o estado actual da lingua galega a través dos usos, o coñecemento e as destrezas ou competencias lingüísticas (tanto activas, falar e escribir,  como pasivas, entender e ler).
Coñecer cal é a lingua inicial predominante, é dicir, a lingua en que maioritariamente se aprendeu a falar; a lingua habitual,  de uso cotián.
Así pois, dentro da planificación lingüística estarían a normativización ou estandarización da lingua e a normalización.
A normalización lingüística consiste nun proceso no que a lingua propia do territorio acade a plenitude nos usos e funcións lingüísticas, isto é, que teña un desenvolvemento normal como vehículo de comunicación dentro da súa  propia comunidade de falantes.
A finalidade é que a cidadanía galega poida usar libre e pacificamente un dos bens culturais máis distintivos e valiosos que posúe. 
Un dos instrumentos de investigación da sociolingüística son as enquisas que permiten determinar os usos e actitudes dos falantes.

1. Hoxe toca cubrir enquisas para o proxecto lingüístico do noso instituto.
Tanto ti para cubrir a enquisa do alumnado como a túa familia deberedes incluír na enquisa o número que se vos adxudicou de xeito aleatorio para garantir que a enquisa é anónima.

CLICA AQUÍ PARA CUBRIR A ENQUISA DO ALUMNADO


2. Como che vai? Que che pareceron as preguntas da enquisa? 


O nome do arquivo de hoxe é:

identificación_dia_19 (para a reflexión)

Ningún comentario:

Publicar un comentario

E ti que dis?