Día 01 - Comezamos os 21 Días co Galego 2018

O MAR

Nesta sexta edición nos 21 DCG o noso eixo vai ser o/a MAR: Mar adentro, marusía, mar ardora, veleiros no mar, gaivotas facendo equilibrios nas ortodrómicas do ceo... como o mar forma parte das nosas vidas, erguémonos canda el, observamos o solpor na ría, e arrólanos sempre ao chegar a noite.

Pretendemos que compartades con nós as vosas experiencias co mar, lecturas, paseos, vocabulario, fraseoloxía, observación, reflexión... e videocreacións.



Doutra banda, nesta edición dos 21 Días co Galego imos falar moito de ecolingüismo e de conservar as linguas pero primeiro 

ECOLINGÜISMO

A. Le a seguinte presentación sobre o Ecolingüismo do ENLG do galego e contesta na túa gravación as preguntas.





1.    Quen inventou o termo “ecolingüismo”? Cando?
2.    O ecolingüismo sostén que unha lingua é como un...
3.    Cales son as cinco razóns que xustifican a necesidade de protección dunha lingua?
4.    Unha lingua é cuestión individual dunha falante ou é unha cuestión social.
5.    Cando desaparece unha lingua segundo a UNESCO?
6.    Cantos idiomas se estima que poden desaparecer cada ano no séc. XXI?
7.    Que pasou en Galicia en só 12 anos (entre 1992 e 2004)?
8.    Que linguas están en perigo de extinción na Península segundo a UNESCO?
9.    De quen depende que unha lingua perdure?
10. Que barreiras di a estudosa Goretti Sanmartín que hai que superar?
11. Que significa normalizar o uso dunha lingua?
12. Que documento europeo protexe as linguas?

B. Cóntanos na túa gravación as túas impresións sobre as seguintes preguntas.
1. Participaches algunha vez nos 21 Días co Galego? En caso afirmativo, cres que poderías facelo mellor? En caso negativo, que agardas deles?
2. Cres que a xente da túa contorna te vai axudar a conseguir ampliar o teu uso do galego? Por que?
3. Que che gustaría que incluíses os 21 Días co Galego 2018?
4 Como foi o teu primeiro día da experiencia?

Ningún comentario:

Publicar un comentario

E ti que dis?