Día 04 A fala de Estremadura


Recreación do poema de Rafa Villar realizada polo noso alumnado con Meli Rei.

A terceira póla. Un recanto da fala galega en Estremadura

A. Realiza a actividade segundo o que se sinala para cada curso.

1º e 2º de ESO - Procura información sobre onde se fala galego en Estremadura.

3º e 4º de ESO - Visionado na aula e reflexión co profesorado correspondente adaptándose ao horario da materia.

Bacharelato - facer reflexión oral-gravada en parellas sobre o tema do vídeo.



MAR
B. Indaga que designan as seguintes palabras, logo consigue unha ilustración, fotografía ou debuxo e descríbeas no teu vídeo.
Que é un ganapán?
Que é unha parrocha?
Que son os arneiróns?

C. Xa van aló catro días. Como vas? Que porcentaxe do teu tempo cres que falaches en galego? Ponte un reto para falar en galego de aquí ao domingo e contáo especificando como pensas conseguilo.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

E ti que dis?