Día 05 - O galego noutros países e Pergamiño Vindel

O galego noutros países


Desde California con amor: Dúas rapazas, Candela e Alejandra, desde California; atención cando vai chegar o min. 3.



Desde Helsinki con amordesde Helsinqui (Finlandia) un ex alumno Abel Parada; “non sabes o que tes ata que o perdes".



Reto 01:

A túa misión hoxe será escoitar os maiores e gravar unha pequena entrevista con eles.


Exemplo do nome do arquivo do reto: 1D_Ponte_Pilar_día_05_reto_01



MAR




Reto 02: 

Hoxe toca cantar. Rodéate de boas voces, familia, amizades… e escolle unha canción en galego, relacionada co mar, grava e compárteo con todos nós.

Exemplo do nome do arquivo do reto: 1D_Ponte_Pilar_día_05_reto_02

Velaquí tes un exemplo:






Pergamiño Vindel, regreso á casa


Despois de 800 anos, regresa o Pergamiño Vindel á súa casa. 

De Nova York ao Museo de Mar de Galicia. Procedente da Morgan Library & Museum de Nova York, chega a Galicia o Pergamiño Vindel. 
Unha xoia literaria escrita por MartíCódaxxograr galego, onde se recollen sete cantigas de amigo musicadas, agáunha. Esta achega unha valiosa luz para comprender o esplendor da nosa lírica medieval galego-portuguesa, e non esquecer os nosos alicerces. 
Trátase do único exemplo conservado na nosa tradiciótrobadoresca de orixe autóctona. Descuberto a comezos do século XX polo libreiro Pedro Vindel cando servía de forro a outro códice. Consérvase actualmente na Biblioteca Pierpont Morgan de Nova York. Trátase dunha folla solta dun cancioneiro descoñecido oumáis probablemente, dunha folla voandeira das que os xograis utilizaban para transcribir o seu repertorio. Recolle as sete cantigas de amigo do xogral galego MartíCódaxtamén transmitidas nos apógrafos italianos. Como particularidade, o Pergamiño Vindel foi durante moitos anos a única mostra da música profana dos trobadoresposto que cada cantiga -agáunha– vai encabezada pola melodía con que se executaba. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario

E ti que dis?