Día 19

RETO:
Para finalizar esta xornada, tócavos facer un anuncio en galego cunha duración mínima de 30 segundos. Poderedes escoller calquera produto, e deberá estar producido e editado por vós mesmos (no caso de que sexa necesario editalo). 
Este reto é para facer en grupos dun máximo de 4 persoas.
O voso anuncio deberá conter o seguinte:
-        Presentación do produto.
-        Características deste.
-        Razóns polas cales se debería comprar.
-        Prezo do produto.

PREGUNTAS ESPECÍFICAS PARA CADA CURSO:

Para todos os cursos:

Hoxe imos tratar sobre o cine en xeral
  Busca algunha película galega que fose traducida ou subtitulada a outro idioma e á inversa.
  Soes ver películas na televisión (non ten porque ser en galego)? E no cine? Se é así di en que idioma as soes ver.
  Cales foron as tres últimas longametraxes filmados en Galicia? E os últimos lanzamentos no cine dalgunha película en galego? Fai un breve resumo sobre elas e dos seus actores principais.
  Gústache ver películas en galego? Se é así di con quen as adoitas ver.

Galego na casa:
  Como che foi o día? Conseguiches falar galego durante todo o día? A festa do Entroido da Paz favoreceu a túa práctica en galego?
  Se non falas galego comunmente, pensas que nun futuro te darás conta de que pode ser o teu idioma de verdade?

 3º ESO - 4º ESO:

Ningún comentario:

Publicar un comentario

E ti que dis?